Sábado, Abril 20

Cabanas únese á campaña “Unha árbore por Europa”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño, adheriuse á campaña “Unha árbore por Europa”, coa plantación dun castiñeiro nas inmediacións do Pavillón de Lavandeira.

Esta iniciativa, impulsada por Equipo Europa e que conta co apoio da Oficina en España do Parlamento Europeo, ten como obxectivo chamar a atención sobre a importancia do desenvolvemento sostíbel no ámbito local, para implicar á poboación nos procesos de toma de decisións en materia de sostibilidade e loita contra o cambio climático.

No acto de plantación da árbore participou o goberno de Cabanas, como símbolo do “compromiso unánime do goberno local co respecto ao medio ambiente, que abarca todas as áreas”, sinalaron fontes municipais.

Cabanas únese con esta acción aos máis de 400 concellos de toda Europa que se sumaron a esta iniciativa, avanzando no seu compromiso por un concello máis sostíbel, dentro da estratexia municipal Cabanas Sostíbel.

Share.

Comments are closed.