Cabanas súmase ás reivindicacións do Día nacional das persoas celíacas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas sumouse hoxe ás actividades organizadas pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), coincidindo co Día nacional das persoas celíacas que se celebra este 27 de maio, colaborando coa visualización desta doenza.

A enfermidade celíaca é unha intolerancia a unha proteína presente en cereais coma o trigo, a cebada, o centeo ou a espelta, entre outros, demominada glute. A inxesta destes alimentos afecta á mucosa do intestino delgado, chegando a producir problemas de absorción dos nutrintes.

A causa da enfermidade non está aínda clara, pero sábese que existe unha predisposición xenética e que a intolerancia é de por vida. Afecta dúas veces máis a mulleres cá homes, estimándose que arredor do 1% da poboación podería padecer a docenza.

O único tratamento eficaz da enfermidade celíaca é a dieta estrita sen glute de maneira continuada. Deste xeito, os síntomas melloran a partir das dúas semanas, chegando á normalización dos anticorpos entre os 6 e 12 meses e a recuperación da mucosa intestinal arredor dos dous anos logo de ter comezado a dieta estrita.

Share.

Comments are closed.