Cabanas súmase ao selado da Credencial Dixital de peregrinos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa do Concello e a Oficina de Información Turística de Cabanas súmanse aos puntos nos que as persoas que estean a facer o Camiño Inglés de Santiago poden selar as súas credencias dixitais, que teñen a mesma validez que a tradicional en papel á hora de obter a Compostela completando a ruta.

Para facer uso da mesma, débese ter instalada a aplicación oficial “Credencial de Peregrino”, e unha vez iniciado o Camiño de Santiago ir selando a credencial dixital a través da lectura dos códigos QR que certifican o paso polos diferentes puntos do Camiño, como os instalados nas dúas instalacións municipais de Cabanas situadas ao pé da ruta xacobea.

Esta iniciativa do Xacobeo 2021 – 2022 ten como principal obxectivo aumentar a seguridade na actual situación epidemiolóxica, xa que contribúe a reducir o contacto físico.

Share.

Comments are closed.