Cabanas retoma os roteiros cunha andaina polas Fragas do Eume

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, vén de reiniciar os roteiros de sendeirismo, que ficaban en suspensión devido as limitacións da COVID-19.

A primeira destas andainas terá lugar o sábado 26 de xuño, con saída ás 11.00h desde o Pavillón de Lavandeira. Trátase dun roteiro circular de 13 quilómetros de distancia e dificultade moderada, cun desnivel de suba máximo de 100 metros (acumulado de 400 metros) para chegar ao Pico da Aguia, punto máis alto de Cabanas.

O roteiro percorre o termo municipal, nunha parte dentro do perímetro do Parque Natural das Fragas do Eume, e entre os puntos de interese as persoas participantes poderán ver muíños, mámoas e varios miradoiros naturais obre os canóns do Eume. O ritmo do roteiro será suave e constante, con paradas en cada un dos puntos de interese. Ademais, prolongarase despois de comer, polo que cada participante deberá levar a súa comida.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde hoxe até o martes 22 de xuño, e pode facerse chamando ao 981 495 959 (ext. 3) ou enviando un correo a deporte@cabanas.gal indicando nome e apelidos de NIF das persoas participantes.

A actividade axustarse ás medidas de prevención específicas establecidas pola Consellaría de Sanidade, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, polo que se establece un máximo de 20 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

En canto ás recomendacións, débese levar roupa e calzado axeitados (botas ou zapatillas de montaña con taco). Así mesmo, lémbrase que toda actividade física require dun mínimo de preparación física, e estar exentos de patoloxías médicas que desaconsellen esta actividade deportiva.

 

Share.

Comments are closed.