CABANAS REFORMA O XULGADO DE PAZ

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas executou nas pasadas semanas unha reforma e actualización completa das oficinas do Xulgado de Paz, situado no antigo edificio consistorial. Esta mellora permite modernizar e renovar o espazo ás necesidades do presente para unha boa atención á veciñanza, garantindo unhas instalacións funcionais e accesibles.

A obra incluíu a instalación do falso teito, a colocación dunha parede de xeso con cámara para mellorar o illamento térmico, a renovación das luminarias a LED e instalación eléctrica, o repintado das paredes e a renovación do mobiliario.

Esta actuación foi realizada integramente polo departamento de obras do Concello con persoal propio, non sendo necesaria a contratación de ningunha empresa para a execución, o que permitiu unha maior eficiencia económica na reforma á vez dunha maior coordinación coas necesidades diarias do Xulgado, que non detivo a súa actividade.

No pasado ano, xa o persoal do Concello de Cabanas realizou a renovación e instalación de paredes de xeso no local do ANPA situado no CEIP Eladia Mariño así como tamén no local social de As Viñas, asegurando un correcto mantemento e mellor eficiencia enerxética.

[ES]

El Concello de Cabanas ejecutó en las pasadas semanas una reforma y actualización completa de las oficinas del Juzgado de Paz, situado en el antiguo edificio consistorial. Este avance permite modernizar y renovar el espacio a las necesidades del presente para una buena atención al vecino/a, garantizando unas instalaciones funcionales y accesibles.

La obra incluyó la instalación del falso techo, la colocación de una pared de yeso con cámara para mejorar el aislamiento térmico, la renovación de las luminarias a LED e instalación eléctrica, el repintado de las paredes y la renovación del mobiliario.

Esta actuación fue realizada íntegramente por el departamento de obras del Ayuntamiento con personal propio, no siendo necesaria la contratación de ninguna empresa para la ejecución, lo que permitió una mayor eficiencia económica en la reforma a la vez de una mayor coordinación con las necesidades diarias del Juzgado, que no detuvo su actividad.

En el pasado año, ya el personal del Ayuntamiento de Cabanas realizó la renovación e instalación de paredes de yeso en el local del ANPA situado en el CEIP Eladia Mariño así como también en el local social de As Viñas, asegurando un correcto mantenimiento y mejor eficiencia energética.

Share.

.