Sábado, Outubro 23

Cabanas recibe aos visitantes do “fam trip” do Camiño Inglés chegados de Reino Unido e Irlanda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un total de doce representantes de diversos organismos públicos e privados do Reino Unido e Irlanda visitaron hoxe Cabanas, no marco do “fam trip” polo Camiño Inglés e polo camiño Fisterra – Muxía que se está a desenvolver entre os días 8 e 12 de setembro.

O obxectivo desta visita de familiarización, promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que Cabanas forma parte, é dar a coñecer o potencial turístico e económico da ruta xacobea, establecendo os territorios insulares do Reino Unido e Irlanda como orixe da viaxe.

Na súa visita a Cabanas foron recibidos polo tenente alcalde e responsábel da área de turismo e comercio, Iago Varela, quen lles explicou o potencial turístico do concello e a aposta que está a facer o goberno municipal para potenciar o turismo slow e a desestacionalización do mesmo. Varela tamén acompañou á comitiva durante un treito do percorrido ao seu paso por Cabanas.

Entre as persoas participantes na comitiva atópanse membros da Confraternidade Sant James de Reino Unido, da Boyne Valley Camino e da Camino Society de Irlanda, do St. Barbe Museum & Art Gallery de Lymingon, do County, de Visit County Durham, da asociación de amigos do Camiño Inglés Finchale, da abadía de Reading e a operadora de viaxes Navan Travel.

Share.

Comments are closed.