[GL]
Cabanas recibiu hoxe a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do expresidente galego e actual líder do partido maioritario no Congreso, Alberto Núñez Feijóo. Acompañados, na xornada, do conselleiro de presidencia, xustiza e deportes, Diego Calvo; da conselleira de medio ambiente e cambio climático, Ángeles Vázquez, da directora xeral, Paula Uría; e da deputada Paula Prado.
Durante o encontro, expúxose as distintas necesidades de Cabanas, tanto dependentes do goberno central como autonómico, entre as que destacan a humanización da Avenida do Areal, a situación das obras da Ponte de Pedra, as rotondas de Cardeita e Laraxe, e o transporte público (estrada, ferroviario e aéreo), para as cales faise imprescindible a colaboración das distintas administracións.
Tamén tívose a ocasión de coñecer a situación dos diferentes establecementos costeiros, e percorreuse un tramo do Camiño do Litoral, que a Xunta está a realizar no conxunto da costa galega.
O alcalde, Fernando Couce, agradeceu a visita realizada ao Concello e a ocasión de amosar os principais retos que Cabanas afronta, sinalando a importancia da escoita nos avances a realizar. Por último, subliñou o bo momento que atravesa o municipio nos distintos eidos.
[ES]
