[GL]
O alcalde, Fernando Couce, participou onte na visita á comarca da Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Susana Pérez, no marco dos encontros co tecido empresarial de Ferrolterra, e especialmente de Cabanas, acompañados do presidente de APE Galicia, Jose Ramón Caldas.
Durante a xornada visitáronse as instalacións da empresa cabanesa Automoción Vilar do Colo, onde houbo a ocasión de subliñar as necesidades e retos dunha empresa creada en 2019 e cunha importante traxectoria actual.
Tamén tivo lugar a visita a Asesoría Prego, recoñecida empresa do municipio con máis de 30 anos de experiencia no sector, que tivo unha salientable expansión de servizos na última década.
Fernando Couce destacou o potencial das empresas de Cabanas, cunha calidade demostrada e un polígono único na comarca polas súas rápidas conexións por estrada e localización estratéxica. Unha posta en valor que, xunto cos premiados Nubeiro Labs no pasado mes, amosa o mellor momento de Cabanas neste eido.
O Concello continúa traballando para potenciar o polígono de Vilar do Colo coa próxima execución das obras por 59.618,55€ (IVE engadido) de mellora de acceso ao polígono e canalización de augas, financiadas mediante subvención da Xunta de Galicia.
Noutro orde de cousas, Cabanas xa está instalada na 35ª edición de Equiocio, cun stand informativo sobre o noso concello, as nosas ofertas turísticas e actividades para realizar en Cabanas nunha época do ano especialmente activa na axenda de eventos. Achégate!
[ES]
El alcalde, Fernando Couce, participó ayer en la visita a la comarca de la Secretaria General de Empleo de la Xunta de Galicia, Susana Pérez, en el marco de los encuentros con el tejido empresarial de Ferrolterra, y especialmente de Cabanas, acompañados del presidente de APE Galicia, Jose Ramón Caldas.
Durante la jornada se visitaron las instalaciones de la empresa cabanesa Automoción Vilar do Colo, donde hubo la ocasión de subrayar las necesidades y retos de una empresa creada en 2019 y con una importante trayectoria actual.
También tuvo lugar la visita la Asesoría Prego, reconocida empresa del municipio con más de 30 años de experiencia en el sector, que tuvo una destacado expansión de servicios en la última década.
Fernando Couce destacó el potencial de las empresas de Cabanas, con una calidad demostrada y un polígono único en la comarca por sus rápidas conexiones por carretera y localización estratégica. Una puesta en valor que, junto con los premiados Nubeiro Labs en el pasado mes, muestra el mejor momento de Cabañas en este campo.
El Ayuntamiento continúa trabajando para potenciar el polígono de Vilar do Colo con la próxima ejecución de las obras por 59.618,55€ (IVA añadido) de mejora de acceso al polígono y canalización de aguas, financiadas mediante subvención de la Xunta de Galicia.
En otro orden de cosas, Cabanas ya está instalada en la 35ª edición de Equiocio, con un stand informativo sobre nuestro ayuntamiento, nuestras ofertas turísticas y actividades para realizar en Cabañas en una época del año especialmente activa en la agenda de eventos. ¡Acércate!
