[GL]
Cabanas xa conta cunha máquina de hidrolavado a presión tras recibir nesta semana o remolque adquirido para tal fin, e que permitirá mellorar notablemente a limpeza e mantemento viario.
Ata agora, o Concello non tiña esta ferramenta. As dúas alternativas neste tempo pasaban por alugar unha (ver dispoñibilidade da empresa e perder tempos de recollida e entrega) ou montar no tractor unha infraestrutura de depósito de auga, xerador eléctrico e máquina (tempo empregado e contar cun piloto de tractor en todo momento).
Co novo remolque, a máquina está sempre lista para ser usada, posibilita acceso a rúas estreitas e mellora notablemente a capacidade loxística e de organización para os traballos de mantemento e limpeza, que ata agora requerían de máis recursos.
Este remolque tivo un custo de 14.749,90€ (IVE engadido) e ven financiado ao 75% por unha subvención da Dirección Xeral de Admin Local da Xunta de Galicia, pagando así o concello soamente o 25%.
O alcalde, Fernando Couce, sinalou na entrega a facilidade na organización dos traballos de limpezas que esta máquina permitirá facer, sendo unha ferramenta imprescindible. Destacou ademáis as dotacións acadadas con subvencións nestes anos, sumando a retroescavadora ou furgoneta de gran capacidade e que resultan indispensables para o mantemento municipal.
[ES]
Cabanas ya cuenta con una máquina de hidrolavado a presión tras recibir en esta semana el remolque adquirido para tal fin, y que permitirá mejorar notablemente la limpieza y mantenimiento viario.
Hasta ahora, el Ayuntamiento no tenía esta herramienta. Las dos alternativas en este tiempo pasaban por alquilar una (ver disponibilidad de la empresa y perder tiempos de recogida y entrega) o montar en el tractor una infraestructura de depósito de agua, generador eléctrico y máquina (tiempo empleado y contar con un piloto de tractor en todo momento).
Con el nuevo remolque, la máquina está siempre lista para ser usada, posibilita acceso a calles estrechas y mejora notablemente la capacidad logística y de organización para los trabajos de mantenimiento y limpieza, que hasta ahora requerían de más recursos.
Este remolque tuvo un costo de 14.749,90€ (IVA añadido) y ven financiado al 75% por una subvención de la Dirección General de Admin Local de la Xunta de Galicia, pagando así el ayuntamiento solamente el 25%.
El alcalde, Fernando Couce, señaló en la entrega la facilidad en la organización de los trabajos de limpiezas que esta máquina permitirá hacer, siendo una herramienta imprescindible. Destacó además las dotaciones alcanzadas con subvenciones en estos años, sumando la retroexcavadora o furgoneta de gran capacidad y que resultan indispensables para el mantenimiento municipal.
