Sábado, Decembro 3

Cabanas proxectará este xoves o documental “A poeta analfabeta”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Cabanas acolle este xoves 22 de setembro ás 17.00h a proxección do filme documental “A poeta analfabeta”, dirixido por Sonia Méndez e producido por Cósmica Producións.

O relato documental xira en torno ao retrato de Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 90 anos (88 no momento da gravación do documental, en 2022), Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, emigrante, pobre e “roja”. Unha muller brava, profundamente política e cunha humanidade excepcional.

A entrada é libre.

Share.

Comments are closed.