Domingo, Xaneiro 23

Cabanas programa un curso de iniciación ao manexo do smartphone

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, en colaboración co Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE), vén de anunciar a convocatoria dun curso gratuíto de iniciación ás novas tecnoloxías, que ten como obxectivo formar á poboación, especialmente á máis maior, no uso dos smartphones.

O curso celebrarase na modalidade presencial entre os días 13 e 17 de decembro, en horario de 17 a 18.30 horas, nas instalacións da Casa do Concello. Aquelas persoas interesadas en participar destas formacións poderán inscribirse desde o próximo luns, 29 de novembro, até o 10 de decembro chamando ao teléfono 981 495 959 (ext. 3).

Esta actividade está subvencionada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, no marco do programa de accións en favor da igualdade.

Share.

Comments are closed.