Sábado, Abril 20

Cabanas programa a actuación de “A Casa do Terror”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, vén de programar a actuación “A Casa do Terror”, un espectáculo ofrecido por A Banda do Verán que terá lugar o próximo venres 13 de novembro ás 18.30h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Trátase dun musical infantil e familiar no combina toques de rock, funky, ska e regae nunha actuación que leva á escena elementos teatrais e de danza, así como elementos de clown.

A actividade ten aforo limitado, e precisa de inscrición previa antes do martes 10 de novembro, podéndose facer a través do correo electrónico cultura@cabanas.gal ou por teléfono no 981 495 959 (ext. 3). É preciso indicar nome e apelidos, DNI e data de nacemento das persoas asistentes.

 

Share.

Comments are closed.