Sábado, Abril 20

Cabanas prepara a celebración do Día do Orgullo 2020

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de LGTBI, vén de anunciar as actividades previstas para conmemorar o Día do Orgullo 2020, unha xornada, a do 28 de xuño, que xa se ten convertido en referente no concello tras a posta en marcha da iniciativa #CabanasDiversa, hai agora un ano.

A través da aproximación a técnicas e ferramentas creativas propias do muralismo, o Concello de Cabanas ten programado para os días 27 e 28 de xuño un obradoiro no que as persoas participantes experimentarán coas capacidades expresivas da arte para reivindicar o dereito a termos identidades diversas, libres de estereotipos, roles e discriminacións.

“A actividade iniciarase cunha breve contextualización histórica do rol da arte urbana como ferramenta para a o activismo social e a loita política no espazo público, para logo realizar un mural conmemorativo do Día do Orgullo”, sinalou a concelleira de LGTBI, Paula González.

Aquelas persoas interesadas en participar poden solicitar máis información no correo igualdade@cabanas.gal ou no teléfono 649 075 263. Na actividade tamén participará o Grupo de Representantes da Mocidade de Cabanas.

Share.

Comments are closed.