Cabanas participou na V Primavera no Camiño celebrada hoxe en Oroso

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participou na quinta edición da Primavera no Camiño Inglés, celebrada hoxe na alameda de Góis de Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

As persoas que se achegaron ao stand turístico de Cabanas puideron descubrir o traballo das fiandeiras da Asociación de Mulleres Cabanas Rural, quenes tamén levaron a cabo unha demostración en directo das diferentes fases do fiado.

Ademais, o Concello estivo a promocionar o seu modelo turístico e as actividades e servizos vencellados a esta actividade fundamental para a economía cabanesa.

Ao acto inaugural, presidido polo presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, acudiu o tenente alcalde e concelleiro de turismo, Iago Varela.

Share.

Comments are closed.