Martes, Novembro 30

Cabanas participa no II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía cun relatorio sobre ruralismo e ODS

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participa os días 25 e 26 de novembro no II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, que reunirá na cidade de Braga autoridades locais de Galiza, Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Mozambique, Cabo Verde e São Tomé e Príncipe, baixo o título “A localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel tras a Covid-19: unha mirada desde o xénero”.

O encontro, convocado arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, abordará a través de diversas mesas de debate temáticas como as consecuencias do coronavirus sobre as comunidades locais, os retos do municipalismo perante o cambio climático, a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres, así como o ruralismo e ODS.

A concelleira de igualdade, Paula González, participará nas mesas de debate cun relatorio sobre ruralismo e ODS durante a segunda xornada do Foro. González forma parte da delegación galega, na que tamén participan representantes dos concellos de Nigrán, Moaña e Pontedeume, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galiza.

O Foro está organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co apoio da Xunta de Galiza e en colaboración coa União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa (UCCLA). As persoas interesadas en asistir, presencial ou telematicamente, poden consultar o programa completo e inscribirse na web bit.ly/ForoLusofonia.

Descarga | Programa do Foro

Share.

Comments are closed.