O Concello de Cabanas participa, xunto cos concellos de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño, así como coa Asociación Veciñal de Canido, na cuarta edición do Festival Internacional de Entes Animados, que se celebrará esta fin de semana achegando unha vintena de actuacións con marionetas en diferentes localizacións da comarca, todas elas de carácter gratuíto.
No caso de Cabanas, a actuación programada neste ciclo terá lugar o sábado, 24 de setembro, ás 12.30h no Salón de Plenos da Casa do Concello. Trátase da obra “Pendente dun fío“, da compañía francesa Pelele.
Á presentación do festival, celebrada onte en Ferrol, acudiu a concelleira de cultura, Diana Rodríguez.