Cabanas organiza unha xornada sobre a “Saúde e benestar das mulleres” no marco da campaña do 25N

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, organiza a xornada “Saúde e benestar das mulleres”, dentro do programa de actividades a desenvolver na campaña do 25N, Día para a eliminación da violencia contra a muller. Será o próximo venres, 5 de novembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

A xornada contará con tres relatorios, nos que participarán Lola Ferreiro Díaz cunha ponencia sobre “Violencias institucionais contra a saúde das mulleres”; Tareixa Ledo Regal, que falará sobre “Como construír bo trato en tempos de crise” e Olga Romasanta Iglesias, que pechará o ciclo coa presentación “Mulleres, apoderamento e historia”.

“O obxectivo desta mesa é achegar información e sensibilizar sobre temas de saúde física, social e mental das mulleres e as nenas, ofrecendo unha perspectiva integral, feminista e comunitaria de alternativas para mellorar a calidade de vida das mulleres”, sinalou Paula González, concelleira de igualdade de Cabanas.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo igualdade@cabanas.gal ou no teléfono 687 143 771. De quedar prazas libres, permitirase o acceso libre até completar o aforo.

Share.

Comments are closed.