Cabanas organiza unha andaina para dar a coñecer a costa até Redes

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, vén de organizar un novo roteiro, que terá lugar o sábado 31 de xullo, con saída ás 10h desde a Oficina de Información e Turismo. Trátase do roteiro dos cantís, que percorrerá o treito costeiro de Cabanas e continuará até a localidade mariñeira de Redes, no concello de Ares.

Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, cun nivel de subida máximo de 100 metros, polo que a súa dificultade é baixa. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán desfrutar de diversos puntos de interese, como as praias, muíños ou as diferentes perspectivas das vistas da ría de Ares.

As persoas interesadas ene participar deben realizar inscrición previa até o martes 27 de xullo, incluído. Para facelo, é preciso enviar un correo electrónico a deporte@cabanas.gal, indicando os nomes e apelidos, DNI e data de nacemento das persoas que se desexan inscribir.

De acordo coas restricións sanitarias establecidas, o grupo estará formado por un máximo de 20 persoas, ademais do monitor, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición para a asignación das prazas. Ademais, para a realización do roteiro, lémbrase a necesidade de levar roupa e calzado axeitado, así como contar con certa preparación física que permita levar a cabo esta actividade.

Share.

Comments are closed.