Sábado, Abril 20

Cabanas organiza un Xantar de Fin de Ano aberto a toda a veciñanza

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza o Xantar de Fin de Ano, un evento festivo destinado a toda a veciñanza do concello, no que se combinará o xantar cunha actuación musical.

Dito xantar terá lugar o venres 27 de decembro ás 14.30h no Pavillón de Lavandeira e terá un prezo de 25 € por persoa. Aquela xente interesada en apuntarse debe facelo chamando ao 981 495 959 ou de forma presencial nas dependencias do Concello até as 14h do día 23.

O menú está composto por entrantes variados (empanada artesá do mar; milfolla de filloa rechea de verduriñas e lombos de bonito; cruxiente de xouba marinada, crema de queixo e marmelada de tomate; chupa chups de queixo con chourizo do Courel, croquetiñas de marisco con punto de alioli; paelliñas de arroz cego), un prato principal (xarrete de tenreira e pataca asada), un sobremesa (tarta milfolla) e adega (viño branco e tinto, auga, refrescos, vermouth e cervexa). Tamén se pode solicitar unha alternativa vegana ou adaptada a necesidades derivadas de alerxias ou intolerencias.

“Con este evento pretendemos xuntar á veciñanza de Cabanas nunha actividade festiva”, sinalou Diana Rodríguez, concelleira de cultura, quen tamén destacou a posibilidade de escoller menús adaptados para necesidades especiais “para que todo o mundo poida asistir”, concluíu.

Share.

Comments are closed.