Martes, Novembro 30

Cabanas organiza un obradoiro de iniciación ao teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas organiza un obradoiro de iniciación ao teatro para persoas adultas, que se realizará o venres 22 de outubro de 2021 no Concello de Cabanas, en horario das 19.00 ás 21.00 horas, e no que se ofertan 20 prazas.

En dito obradoiro traballarase coa premisa do xogo dramático como ferramenta de comunicación e exploraranse interesantes ámbitos de creatividade teatral. Deste xeito, poranse en práctica dinámicas que favorezan á capacidade de desinhibición, observación, confianza, traballo en equipo, respecto, apoio e cooperación.

Este obradoiro foi deseñado e será impartido polo profesor e director de Os Náufragos Teatro, Gustavo del Río, director de escena, dramaturgo e profesor. Foi docente na escola Cuarta Pared de Madrid, onde desenvolveu tamén a súa carreira como creador. No ano 2000 fundou a súa compañía, coa que leva traballando dentro e fóra de España con proxectos de produción escénica arredor do teatro social. Os Náufragos Teatro produce espectáculos nos que a busca de novas linguaxes é un aspecto prioritario. Codirector artístico de Corufest, Festival de artes escénicas poal diversidade afectivo-sexual e xerente de Madferia, Feria Internacional de Artes Escénicas de Madrid.

As persoas interesadas en participar terán que enviar un correo a cultura@cabanas.gal indicando nome e apelidos, data de nacemento, número de teléfono e localidade de procedencia. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada dos devanditos correos.

Share.

Comments are closed.