Cabanas organiza un curso para creación de videoxogos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de xuventude do Concello de Cabanas organiza un curso para a creación de videoxogos, que se celebrará no Apeadoiro do Areal os días 3 e 4 de xaneiro, en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Está dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 21 anos, e entre os contidos que se traballarán farase un percorrido pola historia dos videoxogos para posteriormente achegarse a conceptos básicos de deseño, arte en 2D con Pixelart e o motor para crear videoxogos. Finalmente, as participantes elaborarán un videoxogo de maneira colaborativa como proxecto final.

“A actividade complementa o obradoiro de impresión 3D celebrado hai uns días, e supón un achegamento da mocidade ao mundo tecnolóxico desde outra perspectiva”, sinalou o alcalde e responsábel da área de mocidade, Carlos Ladra.

As persoas interesadas poden dirixirse ao correo xuventude@cabanas.gal ou ao teléfono 981 495 959 (ext. 6).

Share.

Comments are closed.