Cabanas organiza obradoiros de apoderamento feminino

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, informa da posta en marcha dun obradoiro de apoderamento feminino de tres sesións, que tamén contempla a creación dun documental que busca visibilizar ás mulleres do concello.

Os días 13, 20 e 27 de setembro levaranse a cabo os talleres, de dúas horas cada un, nos que se promoverá a vivencia e reflexión sobre o que significa para as mulleres permitirse ocupar os seus espazos, ser vistas, aportar e compartir.

Dúas destas sesións serán gravadas para a elaboración do documental, que ademais tamén contempla entrevistas a entre 6 e 8 mulleres da vila para amosar as súas achegas. Algunhas destas mulleres serán entrevistadas nas súas propias casas ou traballos, e outras nun local do Concello.

“Visibilizar as mulleres non implica ocultar aos homes, senón darlle luz a todo os escenario: promover a sororidade, a cooperación e a convivencia desde o respecto e a admiración”, sinalou a concelleira de igualdade, Paula González.

As persoas interesadas en participar poden dirixirse ao departamento de igualdade, no correo electrónico igualdade@cabanas.gal ou nos teléfonos 687 143 771 e 981 495 959 (ext. 6).

Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza.

Share.

Comments are closed.