viernes, diciembre 13

Cabanas non permitirá as luminarias de San Xoán nas praias e demais espazos públicos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de anunciar que este ano non se permitirán as luminarias de San Xoán nas praias da localidade nin noutros espazos públicos, debido as restricións sanitarias pola crise da COVID-19.

Nun bando publicado no día de hoxe, o Concello establece a prohibición de facer luminarias nos areais e outros espazos públicos, ademais dos botellóns, e anuncia un plan de control para vixiar o cumprimento das medidas adoptadas para esa noite.

Desde o Concello lembran que a veciñanza pode realizar luminarias nas súas fincas, seguindo os protocolos de seguridade e sanitarias establecidas polas diferentes autoridades.

Share.

.