Cabanas no primeiro encontro mundial texeril

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta fin de semana o alcalde Carlos Ladra participou no primeiro encontro mundial texeril, realizado de maneira telemática.

O pasado día 12 levouse a cabo un encontro texeril de ámbito mundial co animo de compartir esta paixón que comparten miles de persoas de fala hispana. Un encontro de 24 h sen distinción de sexo e idades.

O lugar escollido en Cabanas foi o Piñeiral da Madalena, onde 11 fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres mostraron ao mundo o seu valioso traballo, e explicarón todo o proceso da la. Tamén participou no encontro, Delfín Feal veterinario de profesión e produtor en Cabanas de Lá 100% de ovella autóctona galega.

Na presentación do encontro o alcalde explicou o compromiso desde o Concello de Cabanas na recuperación de tradicións como o fiado de lá. Tamén trasladou a disposición do Concello de Cabanas para ser a sede de futuros eventos do mundo texeril.

Share.

Comments are closed.