Cabanas no Día Mundial da Saúde Mental

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Desde o Concello de Cabanas, dentro da campaña “Saúde e Benestar”, queremos achegarnos a un aspecto moitas veces descoidado do noso benestar, o da saúde mental.

Preto de mil millóns de persoas viven procesos de dificultade socioemocional ou psicolóxica e calquera, en calquera lugar, pode experimentalo. A dpresión é unha das principais causas de discapacidade a nível mundial, e se calcula que un 5% das persoas adultas sofren depresión.

As mulleres son medicalizadas en maior porcentaxe que os homes de dificultades como a depreseión e a ansiedade, aproximadamente o dobre. As causasnon son só persoais ou biolóxicas, e están relacionadas con outros factores que entrecruzan as nosas vidas.

Os dereitos das persoas que viven con afeccións de saúde mental poden protexerse ou promoverse a través da lexislación, as políticas de saúde mental, o desenvolvemento de servizos de saúde comunitarios asumíbeis e de calidade e a participación de persoas con experiencias vividas ou grupos de apoio mutuo (GAM), etc. Unha mirada feminista mellor a comprensión do sufrimento das persoas ao recoñecer a diversidade das súas expresións e visibilizar os procesos que o producen.

No noso entorno existen recursos para apoiar e promover a saúde e benestar, e queremos compartir algúns exemplos e propostas:

Algún exemplo dutras aportacións son:

  • Mala de acostarme”, unha guía editada para favorecer o autocuidado das mulleres.

Share.

Comments are closed.