Cabanas no Día Internacional das Traballadoras do Fogar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hoxe conmemórase o día Internacional das Traballadoras do Fogar, unha profesión maioritariamente feminina derivada das crenzas ancestrais de que as labores da muller atópanse na contorna do fogar e vencelladas ao coidado das persoas da mesma.

No noso Concello, contamos cun Servizo de Axuda no Fogar, o cal queremos pórr en valor pola súa imprescindible función por e para as persoas da nosa localidade, grazas a que se conseguen os obxectivosdo servizo: mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, a súa autonomía e independencia, promover que estas permanezan na súa contorna o maior tempo posible e en boas condicións sendo atendidas de xeito individual e personalizado; contando cos recursos necesarios para que isto sexa posíbel.

A concepción social do SAF, xira arredor da idea de que é un servizo unicamente destinado a persoas maiores para axudalas na limpeza do fogar; o cal, é errado. Nos anos 80, cando ten o seu inicio o servizo, si era destinado a estas labores de limpeza, mais co paso dos anos esta intervención foi evolucionando e complicándose para poder dar unha resposta axeitada ás persoas.

Para que sexa deste xeito, precísase a implicación da veciñanza, xa que este servizo é para coidar as vosas vidas ou as vidas das persoas que queredes e isto só o conseguiremos formando unha localidade amable cos coidados e coas persoas que o realizan, as que hoxe conmemoran o seu día.

Grazas pola vosa imprescindible labor e non esquezades coidarvos a vós!

Share.

Comments are closed.