Cabanas no Día Europeo da Saúde Sexual

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Organización Mundial da Saúde (OMS, 2006) define saúde sexual como “un estado de benestar físico, mental e social, a cal non é ausencia de enfermidade, disfunción ou incapacidade. A saúde sexual require un enfoque positivo e respetuoso da sexualidade e das relacións sexuais, así como da posibilidade de ter experiencias sexuais pracenteiras e seguras, libres de coacción, discriminación e violencia”.

Dende o ano 2003, lévase a cabo a iniciativa proposta pola Alianza Europea para a Saúde Sexual (ESHA), celebrando na data do 14 de febreiro o “Día Europeo da Saúde Sexual” coa principal finalidade de concienciar e sensibilizar a todas as persoas sobre a necesidade de informarse para manter hábitos sexuais saudables.

Neste día, preténdese poñer en manifesto dous pilares fundamentais nos que se basea a educación sexual: o respecto cara os dereitos sexuais e o sexo seguro.

A sexualidade é algo inherente a nós, forma parte dende que nos desenvolvemos no ventre das nosas nais e evoluciona ao longo da nosa vida. Os coñecementos que temos sobre ela van variando e dependen do sexo, idade e nivel sociocultural.

Debemos ensinar a respectar ás demais persoas, creando así situacións de seguridade e confianza á hora das relacións persoais e sexuais. Ademais, debemos guiar cara leccións en termos de saúde: unha mala práctica sexual pode repercutir en graves enfermidades. Falamos entón aquí das infeccións de transmisión sexual (ITS), doenzas tabú que, por ese mesmo motivo, permanecen á sombra e que aumentan a gran velocidade entre a nosa poboación. Destacamos a gran coñecida, o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), pero tamén existen outras, como o virus do papiloma humano (VPH), a Hepatite B e C, o herpes xenital e a sífilis.

Educar dende idades ben temperás en termos de educación sexual é unha ferramenta de gran valor debido á importancia que ten para a poboación en xeral. Podemos achegar esta información a través de moitos emisores como persoas do círculo familiar ou próximo, a través dos centros educativos ou outros centros de formación e, non con menos importancia, ese recurso ao que temos tanto acceso e tanta información a cal debemos seleccionar previamene: as novas tecnoloxías.

Para saber máis:

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/4620/ITS_Poliptico.pdf

https://medlineplus.gov/spanish/sexualhealth.html

https://medlineplus.gov/spanish/teensexualhealth.html

https://www.sergas.es/Saude-publica/Outras-ITS

Share.

Comments are closed.