Cabanas no Día das Mulleres Mozambicanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hoxe, 7 de Abril, conmemórase a morte da guerrilleira revolucionaria Josina Machel, unha das principais impulsoras do movemento anticolonial de Mozambique.

Josina promoveu a emancipación da muller africana, loitou na guerra da independencia como guerrilleira, creou orfanatos e viaxou por todo o país concienciando ás mulleres polo seu papel activo na guerra. Porén, non chegou a vivir a independencia pola que loitou, pois acadouse no 1975, catro anos despois da súa morte por un cancro de páncreas.

Por iso, dende a súa morte aos 25 anos no 1971, conságrase esta data como Día Nacional da Muller Mozambicana. Durante este día, as mulleres organízanse e saen á rúa a cantar e bailar cancións reivindicativas a favor da dignidade, igualdade, intergridade e seguridade das mulleres que loitaron e seguen loitando diariamente.

Cabe destacar que o Concello de Cabanas pertence ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e xa participou en proxectos de coordinación directa con estas mulleres. Entre estes:

  • Colaboración do persoal de catro concellos no programa “Especialistas en Cooperar”: construcións de catro vivendas resistentes ao cambio climático, incorporación da perspectiva de xénero na acción local, deseño e accións coeducativas en centros infantís…
  • Supervisión dos proxectos de infancia, auga e vivenda: apoio nutricional na escola, desestruturación dos estereotipos de xénero, mellora da asistencia sanitaria, campaña “unha rapariga, un paquete de compresas”…
  • Envío de persoal da Administración Local a través do programa “Especialistas en Cooperar”: intercambios de experiencias, análise de xénero en centros infantís…

Máis información | Fondo Galego

Share.

Comments are closed.