Mércores, Abril 24

Cabanas no Día da Maternidade Libre e Voluntaria

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hoxe, 10 de maio, conmemórase o Día da Maternidade Libre e Voluntaria, un día que serve para xerar sociedades máis xustas e equitativas, coa fin de eliminar estereotipos como o de que “as mulleres deben ser nais xa que esa é a súa única función” ou que “a muller que non o é non está completa”.

Á súa vez, tamén é un día para reivindicar a garantía lexislativa que hai noutros servizos sanitarios, coa fin de que a muller teña a seguridade nos pasos que decida en todo momento.

Desta forma, ten por obxectivo xerar unha reflexión sobre a maternidade como unha opción e non como unha obrigatoriedade, e comprender que polo simple feito de ser muller e ter a capacidade de xestar non deixa de ser un proceso voluntario.

Así, a maternidade debe ser un acto de responsabilidade, desexo e convencemento, no que o Estado e a sociedade deben de recoñecer o dereito que teñen as mulleres sobre o seu propio corpo e a súa sexualidade.

Share.

Comments are closed.