sábado, septiembre 12

CABANAS LICITA 2 OBRAS DE MELLORA POR 113.911,44€

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Esta semana licitáronse por parte do Concello dúas novas obras para continuar mellorando as infraestruturas municipais de Cabanas.

Por un lado, as obras de mellora no polígono de Vilar do Colo, que abranguen tanto a renovación completa do aglomerado como a canalización das augas no tramo de acceso ao parque empresarial dende a Av. de Laraxe, unha actuación amplamente demandada que mellorará notablemente a seguridade vial no lugar. O custo é de 59.618,55€ (IVE engadido) e ven financiado ao 80% pola Xunta de Galicia.

Polo outro lado, tamén licitouse as obras de renovación do aglomerado no vial de Relousada a O Alto por un importe de 54.292,89€ (IVE engadido). A actuación conta coa subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia, por un importe de 44.870€.

Ambas melloras suman un total de 113.911,44€, reafirmando o compromiso do Concello de Cabanas na mellora dos distintos camiños municipais. As empresas interesadas teñen ata o 28 de agosto para presentar as súas ofertas.

[ES]

Esta semana se licitaron por parte del Ayuntamiento dos nuevas obras para continuar mejorando las infraestructuras municipales de Cabanas.

Por un lado, las obras de mejora en el polígono de Vilar do Colo, que abarcan tanto la renovación completa del aglomerado como la canalización de las aguas en el tramo de acceso al parque empresarial desde la Av. de Laraxe, una actuación ampliamente demandada que mejorará notablemente la seguridad vial en el lugar. El costo es de 59.618,55€ (IVA añadido) y ven financiado al 80% por la Xunta de Galicia.

Por el otro lado, también se licitó las obras de renovación del aglomerado en el vial de Relousada a O Alto por un importe de 54.292,89€ (IVA añadido). La actuación cuenta con la subvención de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependiente de la Xunta de Galicia, por un importe de 44.870€.

Ambas mejoras suman un total de 113.911,44€, reafirmando el compromiso del Ayuntamiento de Cabanas en la mejora de los distintos caminos municipales. Las empresas interesadas tienen hasta el 28 de agosto para presentar sus ofertas.

Share.

.