Unha vez realizados traballos de acondicionamento e mellora da seguridade nalgúns puntos do Piñeiral da Madalena, que obrigaron a manter o espazo pechado, o Concello de Cabanas levantou esta mañá a prohibición de acceso peonil e rodado ao lugar.
Os primeiros en desfrutar da reapertura do Piñeiral ao público foron un grupo de escolares que celebraron o Campionato Escolar de Cross, así como tamén veciñanza e visitantes que empregan este espazo para o paseo ou a práctica deportiva.
O goberno municipal quixo agradecer “a paciencia da veciñanza polas semanas nas que o acceso ao Piñeiral estivo prohibido”, ao tempo que sinalan que “a seguridade ten que estar por riba de calquera outra cuestión”