Sábado, Abril 20

Cabanas lanza un “Trivial” local para facer máis levadeiro o confinamento

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Área de Turismo, vén de lanzar nas súas redes sociais un xogo tipo “Trivial” que permite avaliar o grao de coñecemento do concello a todas as persoas que se animen a xogar.

O xogo conta con corenta preguntas, todas elas con tres respostas posíbeis e unha única válida, nas que se inclúen cuestións de índole cultural, deportivo, histórico, patrimonial ou de gobernanza, entre outras.

“A actividade ten un dobre obxectivo: por unha banda permite á veciñanza e visitantes avaliar o seu coñecemento sobre Cabanas, mais ao tempo tamén axuda a facer máis levadeiro o confinamento”, sinalan desde a Área de Turismo de Cabanas.

O xogo está dispoñíbel a través da páxina de Facebook oficial do Concello de Cabanas.

Share.

Comments are closed.