lunes, noviembre 11

Cabanas inicia unha nova edición do Club +60

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas anuncia unha nova edición do “Club +60. Encontro de maiores”, un espazo de encontro e participación das persoas maiores de 55 anos.
Entre os obxectivos da actividade están o fomento da participación activa en actividades saudábeis, a estimulación cognitiva e a prevención do illamento social coa promoción das relacións interpersoais.
“A través de tarefas de estimulación cognitiva, alfabetización básica, xogos educativos e exercicios de atención e memoria, fomentamos esa participación para conseguir os obxectivos do programa” sinalou Diana Rodríguez, concelleira de servizos sociais, quen tamén destacou “a alta demanda por esta actividade”.
A actividade terá lugar na SCDR de Laraxe todos os venres, entre as 17 e as 18.30h, a partir do venres 14 de febreiro, e para inscribirse é preciso dirixirse ao 981 495 959 (ext. 6 ou 2) ou ao correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal.
Share.

.