Cabanas implanta un novo servizo de comunicación de incidencias a través dunha app para móbiles Android e iOS

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas estrea hoxe o novo servizo “Línea Verde”, unha canle de comunicación directa entre a veciñanza e o consistorio que permite comunicar todo tipo de problemas que se atopen no concello, para axilizar os procesos e solucionalos dunha forma máis eficaz.

Para poder empregar este novo servizo é preciso proceder á descarga da aplicación “Línea Verde” desde a Play Store (en dispositivos Android) ou App Store (en dispositivos iOS), e unha vez instalada seleccionar o Concello de Cabanas. Feito iso, pódense axustar parámetros como o idioma ou outras configuracións nun proceso rápido e sinxelo.

Para comunicar unha incidencia as usuarias deben clicar no botón “Nova incidencia”, abríndose un despregábel coas diferentes tipoloxías para poder escoller a que máis se adapte ao que se quere comunicar. Unha vez seleccionada, a aplicación detecta a localización e permite anexar unha foto e comentario que facilite a resolución. Desde ese momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada, e a veciña ou veciño poden facer seguimento da mesma ou ser requirido para aportar máis información de cara a súa solución.

Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello a quen o desexe. Deste xeito, ademais de implantar unha canle de resolución de incidencias de mantemento tamén se pode facer chegar información de servizo público que se considere, como cortes de tráfico en viais, información sobre actividades ou calquera outra alerta que se estime oportuna.

Ademais da aplicación móbil, a veciñanza de Cabanas pode facer uso desta ferramenta de notificación de incidencias a través da páxina web lineaverdecabanas.gal, presencialmente ou nos teléfonos 981 495 959 / 902 193 768.

Enlaces de descarga ás aplicacións:

Share.

Comments are closed.