Sábado, Outubro 23

Cabanas establece medidas preventivas extraordinarias durante o peche perimetral

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O goberno de Cabanas reuniuse onte para avaliar as medidas adoptadas pola Xunta toda vez que o concello pasa a ter as máximas restricións debido á alta incidencia da COVID-19 no termo municipal, así como tamén para adoptar medidas extraordinarias que atinxen ao ámbito municipal.

Deste xeito, a atención ao público nas dependencias municipais será só con cita previa, e só para casos de extrema necesidade, chamando antes para verificar se dita necesidade fai necesario o desprazamento até a Casa do Concello. O teléfono ao que dirixirse é o 981 495 959, aínda que tamén se poderán facer todos os trámites de maneira telemática a través da sede electrónica accesíbel desde a web cabanas.gal.

Por outra banda, amplíase o prazo de validez do cartón de residentes até novo aviso, e queda suspendida a renovación ou solicitude dos cartóns de residentes de maneira presencial. En calquera caso, este trámite pódese seguir facendo de maneira telemática.

Tamén queda suspendida a feira do 21 de xaneiro, que tiña previsto celebrarse no Paseo da Madalena, e se intensifican as labores de limpeza e desinfección nos puntos máis transitados do termo municipal.

Por último, o goberno municipal lembra a existencia do servizo especial de transporte e compra de alimentos de primeira necesidade, medicamentos ou produtos de hixiene para persoas confinadas ou en situación de vulnerabilidade, coordinado a través do mesmo teléfono do Concello, 981 495 959.

O goberno de Cabanas lembra á veciñanza a necesidade de ser “escrupulosas no cumprimento das limitacións impostas para conseguir reducir o número de casos no noso concello”, e fai un chamamento á responsabilidade colectiva para conseguilo.

Para máis información sobre as limitacións, a veciñanza de Cabanas pode dirixirse á Policía Local,no 606 910 737, ou á Xunta, chamando ao 012.

Limitacións adoptadas pola Xunta

  • Cabanas queda pechada perimetralmente. Non se poderá entrar ou saír do termo municipal, agás por causa xustificada (traballo, educación, coidado de persoas dependentes ou menores, acceso a servizos ou compras básicas que non se poidan facer na propia localidade…).
  • Hora de recollida. Adiántase a hora de recollida, que será de 22.00 a 06.00h.
  • Hostalería. Bares, cafetarías, restaurantes e outros negocios de hostalería: non poderán servir no interior, só na terraza con limitación de aforo e máximo até as 18.00h. Estará dispoñíbel o servizo a domicilio até as 00.00h.
  • Comercio. Establécese a hora máxima de peche ás 21.30h.
  • Xuntanzas con outras persoas: As xuntanzas poderán ser dun máximo de 4 persoas, convivintes ou non.
  • Actividades deportivas grupais. Grupos de máximo 4 persoas.

Descarga | Bando Alcaldía

Share.

Comments are closed.