Os Alcaldes de Cabanas e Pontedeume, acordan solicitar en conxunto un cribado masivo para a poboación de ambos Concellos.
Esta decisión tómase despois das conversas mantidas nos últimos días entre os alcaldes de ambas vilas, valorando o incremento de casos positivos, onde en Cabanas chegan ata un total de 36, e 71 en Pontedeume. O que implica ter unha incidencia acumulada superior a 500.
Cabe destacar que estes números correspóndese con persoas contaxiadas durante as semanas precedentes, que tras a incubación do virus , están a dar positivo; polo que dende ambos concellos fan novamente un chamamento á responsabilidade persoal dos seus veciños e veciñas: “de ser escrupulosos no seu cumprimento dure te estes días, lograremos revertir esta situación.”
Cabanas como Pontedeume, poñen ao dispor da Consellaría de Sanidade todas as infraestruturas necesarias para poder realizar devanditos cribados, necesarios para poder controlar a situación epidemiolóxica tan grave que estamos a sufrir nos últimos días.