Cabanas dispón de cinco prazas na campaña de neve da Deputación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deporte, informa de que na Campaña de Neve da Deputación da Coruña do vindeiro 2023 correspóndenlle ao noso concello 5 prazas na 5ª quenda, grazas ao cal as persoas que resulten beneficiarias desta iniciativa poderán practicar este deporte na estación invernal de Valgrande – Pajares (Asturias) entre os días 10 e 13 de febreiro de 2023, con entrada prevista na estación de esquí o venres pola mañá e saída o luns despois do almorzo.

Esta iniciativa está destinada á rapazada de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2022), e ten unha cota de inscrición de 85 €, que inclúe a meirande parte dos gastos ocasionados: transporte, estadía e manutención, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

O prazo de inscrición estará aberto até o venres 16 de decembro, inclusive, e para participar terán prioridade os nenos e as nenas que nunca asistiran a campañas de inverno. Se hai máis solicitudes que números de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante da Secretaria do Concello.

Aquelas persoas interesadas en inscribir ás súas crianzas deberán cubrir a ficha de inscrición – dispoñíbel para a súa descarga ao final deste artigo – e entregala por Rexistro Xeral (de maneira presencial, en horario de 09.00 a 14.00h, ou por Sede Electrónica).

Descarga | Ficha inscrición

Share.

Comments are closed.