Domingo, Xaneiro 23

Cabanas dispón de 5 prazas na campaña de neve da Deputación da Coruña

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas Informa de que na Campaña de Neve da Deputación da Coruña do vindeiro ano 2022, correspóndenlle 5 prazas na 5ª quenda (do 11 ao 14 de febreiro de 2022). A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación Valgrande – Pajares, no Principado de Asturias.

O prazo de inscrición será entre o 30 de novembro e o 14 de decembro de 2021 e para participar terán prioridade os nenos e as nenas que nunca asistiran a campañas de inverno. Se hai máis solicitudes que números de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante da Secretaria do Concello para a adxudicación destas prazas nun día a concretar entre o día 15 de decembro ata o día 17 de decembro de 2021.

As idades dos/as nenos/as que poden participar serán de 12 a 15 años inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2021 e aboarán 85 € como cota de participación. Con todo, o ingreso desta cantidade terano que realizar unha vez que teñan a praza asignada e que a Deputación da Coruña envíe ao Concello o número de conta no que facer o ingreso.

O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na cota de participación; os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificaranse con suficiente anticipación.

Máis información | Deputación da Coruña

Share.

Comments are closed.