Cabanas denuncia roubos no alumeado público

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas sufriu esta madrugada o roubo de 600 metros de cable do alumeado público e datos en cinco farois do Paseo Marítimo, ademais do roubo dos proxectores de iluminación ornamental da Escola laica.

A investigación para dar coas persoas responsábeis continúa aberta, e desde o Concello pídese a colaboración da veciñanza para aportar calquera dato que poida axudar a avanzar nas pesquisas, así como tamén para alertar ás forzas de seguridade se detectan algún movemento extrano.

Mentres se traballa no restablecemento do servizo, algunha das fases de alumeado do Paseo Marítimo non funcionará con normalidade, polo que desde o Concello agradécese a comprensión da veciñanza.

Precedentes nun parque infantil

Os roubos desta madrugada prodúcense semanas despois doutro roubo, neste caso de xogos infantís nun dos parques municipais. Nesa ocasión, os ladróns levaron dous bambáns, uns feitos que xa foron denunciados ante a Policía Local e Garda Civil.

Share.

Comments are closed.