Cabanas denuncia o roubo de 1200 metros de cable do alumeado público

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas sufriu esta madrugada o roubo de máis de 1200 metros de cable do alumeado público no Paseo Marítimo da Madalena, afectando a unha decena de luminarias.

O roubo prodúcese meses despois dun roubo semellante na mesma zona acontecido o pasado mes de xuño. Daquela roubáranse 600 metros de cable, producindo danos en cinco farois.

Desde o Concello tramitouse a correspondente denuncia, e xa se traballa no restablecemento do servizo. Mentres duran os traballos, algunha das fases do alumeado do Paseo Marítimo non funcionará con normalidade.

Share.

Comments are closed.