Cabanas denuncia a falta de persoal no Centro de Saúde

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas denuncia a falta de persoal médico no centro de saúde do municipio. Asegura, que levan semanas con atrasos nas citas, despois da xubilación dunha das súas doutoras o pasado mes de novembro onde se suma as vacacións do resto de persoal nestas datas.

O SERGAS non cubriu a praza, e transmiten ao concello en conversacións recentes que non teñen previsión de cubrila proximamente pola escaseza de persoal que teñen. Só garanten polo de agora persoal de maneira voluntaria en dous días á semana.

O Concello asegura que esta situación é insostible no tempo, dada a gran demanda do servizo na época de inverno, e que se ve agravada agora coa pandemia, e esíxese ao SERGAS que cubra os cinco días da semana, para así, garantir o servizo con normalidade no Centro de Saúde. De non ser así, o Concello barallará realizar outras accións de presión ata poder garantir o servizo.

O Alcalde e concelleiro de saúde Carlos Ladra Brage declara que “Se está mantendo contactos con responsables da área sanitaria de Ferrolterra do SERGAS, para forzar a que se solucione esta situación. Xa que se están recibindo a diario reclamacións no centro de saúde, así como queixas a esta alcaldía do nefasto servizo que está a ofrecer o SERGAS en ultímalas semanas. Os veciños e veciñas de Cabanas non teñen a culpa da mala organización do SERGAS, e este concello non pode permitir que se xogue coa saúde do municipio, nunha situación tan delicada como na que estamos a vivir.”

Tamén desde o Concello quérese agradecer e valorar o gran esforzo dos sanitarios, que cunha escaseza de medios, están a tentar levar a cabo o seu labor no Centro de Saúde de Cabanas.

Share.

Comments are closed.