Martes, Novembro 30

Cabanas culmina a primeira fase do plan de compostaxe doméstica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas vén de culminar a primeira fase do plan de compostaxe doméstico posto en marcha a través da Concellaría de Medio Ambiente coa entrega de 30 composteiros distribuídos entre a veciñanza por orde de solicitude. A demanda superou amplamente a oferta, polo que desde o Concello xa se está a preparar unha nova remesa para atender as solicitudes que quedaron en lista de espera.
“Estamos moi satisfeitas coa boa acollida que está a ter o plan de compostaxe, que amosa o compromiso da veciñanza de Cabanas coa mellora do medio ambiente e a redución de residuos”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de medio ambiente, Iago Varela.
Os composteiros repartidos polo Concello de Cabanas, en colaboración con SOGAMA, teñen unha capacidade de 400 litros e están destinados á compostaxe doméstica. As persoas que participan no programa comprométense a facer un seguimento co concello e a participar nunha sesión formativa que terá lugar nas próximas semanas.
Share.

Comments are closed.