Domingo, Setembro 26

Cabanas convoca unha praza de psicóloga/o

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da convocatoria para a selección dunha persoa para ocupar a praza de psicóloga/o, adscrita aos servizos sociais comunitarios.

Tal e como se recolle no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicado hoxe, para poder optar a esta praza é preciso estar en posesión do grao ou licenciatura en psicoloxía, entre outros requirimentos.

A duración do contrato, a media xornada, será duns 4 meses, rematando en todo caso o 31 de decembro. O salario bruto mensual será de 1.151,41 €.

As persoas interesadas deben presentar a correspondente solicitude por rexistro no prazo establecido, de 5 días hábiles (desde o 20 até o 26 de agosto).

Esta contratación enmárcase na subvención outorgada pola Deputación da Coruña dentro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios no ano 2021, Programa FOPPSS/2021.

Descarga | Anuncio BOP

Share.

Comments are closed.