O Concello de Cabanas contará proximamente con persoal técnico de igualdade, co obxectivo de desenvolver o Programa Municipal de Promoción da Igualdade de Xénero, o cal abrangue todas as accións específicas para a prevención e sensibilización en canto á igualade de xénero.
A convocatoria de emprego desta praza abrirase nas próximas semanas, e a persoa que resulte seleccionada realizará o seu traballo durante todo o que resta de 2021. O financiamento desta correrá a cargo da Deputación da Coruña, cunha aportación de 13.722,76 euros.
A concelleira de igualdade e persoal de Cabanas, Paula González, valorou positivamente esta nova que supón “un empuxe para traballar no Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Cabanas” , e servirá para “desenvolver campañas, obradoiros e programas a prol da igualdade, e ter un apoio na loita contra a violencia de xénero”.