O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha do servizo de socorrismo na Praia da Madalena, que funcionará todos os días da semana entre as 12 e as 20 horas, e contará cun total de seis traballadores.
De luns a xoves darán servizo ás bañistas que se acheguen ao areal cabanés tres socorristas, mentres que os venres, sábados e domingos serán catro os traballadores que se ocupen do servizo.
Melloras no Posto de Socorrismo
Nos últimos días, como parte da preparación da tempada de verán, o Concello de Cabanas desenvolveu diferentes actuacións para a mellora das instalacións do Posto de Socorrismo, cun investimento de 5.114,04 euros.
No concreto, estas actuacións serviron para mellorar a instalación eléctrica (substitución da iluminación interior por LED para aforro enerxético e instalación de proxectores exteriores), reparar as portas corredeira laterais, e tamén o chan e a cuberta.