Mércores, Abril 24

Cabanas constitúe unha bolsa de emprego de persoal auxiliar de Axuda no Fogar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de anunciar a constitución dunha bolsa de emprego de persoal auxiliar de axuda no fogar, que ten como obxectivo reforzar o servizo a efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar tarefas de substitución por ausencia de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenas e acumulación de tarefas.

A convocatoria publícase hoxe, 4 de xuño, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, e tal e como se establecen na bases, as persoas interesadas deben presentar as correspondentes solicitudes durante os 5 días hábiles posteriores á súa publicación. Pódese consultar o BOP coa convocatoria no arquivo anexo.

Entre as funcións a desenvolver polo persoal integrante destas bolsas estarán as asistenciais, de atención persoal e doméstica; de orientación en actividade da vida diaria, favorecendo á súa normalización no funcionamento do fogar e educativas, potenciando o protagonismo das persoas usuarias do servizo.

Último día para a praza de persoal técnico de turismo

Por outra banda, o Concello de Cabanas tamén ten aberto o proceso de selección dunha persoas para o posto de técnico de turismo, un proceso que remata o venres 5 de xuño. A información relativa a este proceso pode consultarse neste enlace.

Share.

Comments are closed.