O Concello de Cabanas anuncia a constitución dunha bolsa de emprego de persoal auxiliar administrativo adscrito ao departamento de Servizos Sociais.
Os postos vacantes que se poderán cubrir mediante unha persoa candidata desta bolsa, serán aqueles que se produzan como consecuencia de supostos como a substitución transitoria das persoas titulares ou exceso e acumulación de tarefas.
A convocatoria publicouse onte, 24 de febreiro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, e tal e como se establece nas bases, as persoas interesadas dispoñen de cinco días hábiles para presentar a súa solicitude (desde hoxe, 25 de febreiro, até o mércores 3 de marzo).
Descarga | Bases