Cabanas conmemora o Día nacional das persoas celíacas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Desde o Concello de Cabanas colaborase, un ano máis, coa Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) na conmemoración do Día Nacional do Celíaco.

A Enfermidade Celíaca (CA) é unha intolerancia permanente ao glute, proteína que se atopa, entre outros, no trigo, centeo, cebada, avea e espelta. É a enfermidade crónica intestinal máis frecuente en España. Padécena tanto nenos/as como persoas adultas con predisposición xenética.

A inxestión de glute nas persoas celíacas produce unha atrofia das vilosidades intestinais que leva consigo unha mala absorción dos nutrientes (hidratos de carbono, proteínas, vitaminas, sales minerais, graxas…) e, como consecuencia, desnutrición.

Os síntomas máis comúns son: perda de apetito e peso, diarrea crónica, distensión abdominal, alteracións de carácter e atraso do crecemento nos/as nenos/as. Non obstante, os síntomas poden ser atípicos ou estar ausentes, o que dificulta o diagnóstico.

O único tratamento é unha dieta estrita sen glute de por vida, a cal permite levar unha vida normal, evitando a aparición de complicacións futuras. Nunca debe retirarse o glute da dieta dunha persoa sen ter o diagnóstico definitivo.

A enfermidade celíaca afecta aproximadamente ao 1% da poboación. O 80% das persoas celíacas están sen diagnosticar.

ACEGA é unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro, creada en 1998 e cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme. Agrupa con carácter voluntario a persoas celíacas, pais/nais/titores de nenos/as celíacas e a todas aquelas persoas enfermas cuxo tratamento exixa manter unha dieta sen glute, co fin de tratar as solucións máis idóneas aos problemas de tipo social, psicolóxico e técnico que poidan presentarse como consecuencia da súa condición.

Entre os servizos que ofrece a asociación, destacan os seguintes:

  • Información e recomendación para levar correctamente unha dieta sen glute.
  • Información sobre alimentos especiais sen glute e puntos de venta.
  • Asesoramento sobre que facer cando se come fóra da casa (colexios, comedores colectivos, restaurantes, etc.)
  • Actividades de convivencia, foros e encontros entre as persoas asociadas.
  • Xornadas científicas dirixidas aos profesionais e á poboación en xeral.
  • Cursos de cociña sen glute.
  • Campañas de sensibilización social.

Con motivo desta celebración, dese ACEGA decidiron organizar a I Feira Gastronómica en Galicia Sen Glute. Terá lugar este domingo 29 de maio no Hotel OCA-Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, das 11:00 ás 19:00 horas, aínda que a día de hoxe as prazas están esgotadas.

ACEGA ten a súa sede en Santiago de Compostela, pero conta con delegacións en Ferrol Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Para máis información de ACEGA pódese visitar a súa páxina web: https://celiacosgalicia.es/es/

 

Share.

Comments are closed.