Sábado, Abril 20

Cabanas conmemora o Día do Orgullo reivindicando a diversidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade e lgtbi, vén de presentar a campaña para conmemorar o Día do Orgullo, que se celebra o vindeiro 28 de xuño, e no que Cabanas afondará na estratexia #CabanasDiversa, posta en marcha en xuño de 2019.

Na propia mañá do luns 28 de xuño colocarase un stand informativo no Paseo da Madalena, onde ademais de repartirse material da campaña (camisolas, crachas, pulseiras…), sortearanse libros de temática LGTBIQA+ en colaboración coa mocidade do Grupo de Representantes de Cabanas, pertencentes ao programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF.

“Cabanas Diversa non é unha campaña dun día, é un xeito de construír entre todas un concello aberto a todas as formas de ser, sentirse e amar”, indicou a concelleira de lgtbi, Paula González, quen animou a toda a veciñanza a sumarse á reivindicación e achegarse ao stand.

Share.

Comments are closed.