O Concello de Cabanas súmase un ano máis á conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra este xoves 4 de febreiro, e iluminará en cor verde a fachada da Casa do Concello, co obxectivo de concienciar sobre as demandas e necesidades das persoas que a padecen.
A pandemia supuxo unha redución do 21% na detección de tumores, o que significa que hai persoas que poden estar desenvolvendo un cancro sen sabelo.
Por iso desde o goberno local reclámase mellorar o sistema sanitario para pór fin á atrasos en diagnósticos, tratamentos e intervencións co obxectivo de salvar vidas.